domingo. 01.06.2025

O Mercadiño de Nadal do Barco abre o prazo de inscrición

Nesta nova edición o horario de apertura ao público será de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 e haberá 20 postos
somoscomarca_obarco_mercadiñonadal_2023 (26)

Desde este 14 de outubro está aberto o prazo para que os artesáns e produtores se inscriban para participar no Mercadiño de Nadal do Barco, que se celebrará os días 21 e 22 de decembro na Praza do Concello, organizado pola Concellaría de Turismo, Comercio e Promoción Económica. Instalaranse un máximo de 20 postos. Nesta nova edición o horario de apertura ao público será de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

O prazo para a inscrición está aberto ata o día 31de outubro e pode facerse por correo electrónico e por correo postal ou de maneira presencial na Oficina de Turismo do Barco. As dúbidas poden trasladarse, ademais de por mail, no teléfono 604.07.69.18. Dada a alta demanda que normalmente se rexistra para participar neste mercado, a selección dos participantes terá lugar aplicando unha serie de criterios obxectivos establecidos pola Concellaría de Turismo nunha guía de normas realizada para tal fin.

Entre eses criterios, contarán de xeito especial o de estar producindo nun entorno rural con unha poboación menor de 5.000 habitantes, ser artesán, dispor de selos de calidade ou ter certificación ecolóxica. Tamén se terán en conta a orixinalidade ou innovación do produto, a súa calidade e diversidade, ou o feito de que non haxa máis produtos parecidos no Mercadiño.

O Mercadiño de Nadal do Barco abre o prazo de inscrición