Mercaberto, compras e música no Barco

Un ano máis o Centro Comercial Aberto de O Barco pecha a campaña veraniega cunha feira de oportunidades, o Mercaberto. As datas escollidas nesta ocasión son os días 26 e 27 de agosto. A feira estará instalada no Malecón de O Barco e nela participan doce establecimientos asociados ó CCA: Moral Zapatería, Ton y Son, Can-Can, Murciego, Perfumería Damas-Escuredo, D´Chus, Azul y Rosa, Paka-Maka, Pilardos, Fíos Moda, Mis Personajes e Novedades Maribel. Tamén estará Asfaval.

O obxectivo do evento, que conta coa colaboración do Concello de O Barco, é liquidar as existencias de verán cunhas xornadas festivas nas que este ano, ademáis haberá unha actuación musical. O venres pola noite, tralo peche da feira actuarán Los Iñigos.

O horario do evento é o venres 26 de 18 a 23 horas. O sábado 27 estará aberto de 11 a 14 horas e de 18 a 23 horas.