Joaquín Sánchez: « Teñen como finalidade poñer en valor o noso patrimonio natural»

José Luis Pando, presidente da D.O. Valdeorras
Divi e Margarita de Adega Roandi
Presentación das XI Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras (27)
Cristina de la Torre e Cristina Núñez, organizadoras das xornadas
Sito Fernández puxo a música ao evento
Aurelio Blanco Trincado na presentación das XI Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras (30)
Presentación das XI Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras (31)
Acto inaugural das Xornadas de Portas Abertas
Presentación das XI Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras (33)
Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, Patricia Lamela, alcaldesa de Larouco e Montse Rodríguez Xerente de Pazo do Castro
Presentación das XI Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras (35)
Aurelio Blanco Trincado e Jorge Isla
Presentación das XI Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras (37)
Presentación das XI Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras (38)
Presentación das XI Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras (39)
Presentación das XI Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras . Nava Castro
Nava Castro, directora de Turismo de Galicia presente no acto inaugural das Xornadas de Portas Abertas
Diego de Adega O Cepado y Ceferino de A Coroa, no acto inaugural
Jorge Isla foi o conductor do acto inaugural
O presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez
Joaquín Sanchez, Nava Castro y Elado Santos
A directora de la Agencia de Turismo de Galicia, Nava Castro e o presidente da Ruta do Viño, Joaquín Sánchez, inauguraron as Xornadas que contontaron cun recital de versos de Florencio na voz de Aurelio Trincado, presidente do IEV

Arrancan as décimo primeiras Xornadas de Portas Abertas de Valdeorras tras o acto inaugural celebrado onte no Hotel Pazo do Castro, no Barco de Valdeorras. A directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro; o presidente da Ruta do Viño, Joaquín Sánchez e o presidente do IEV, Aurelio Blanco interviñan no acto conducido e presentado por Jorge Isla. Na inauguración estiveron presentes, ademais, a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela e o concelleiro de Turismo do Concello do Barco, Eladio Santos  e os  asociados á iniciativa.

Na súa intervención, Sánchez, fixo referencia ao comezo da Ruta do Viño é sinalou a importancia de Nava Castro no evento. «É importante que estés aquí porque estamos nun punto de inflexión do turismo de Valdeorras».

Joaquín Sánchez, Nava Castro e Eladio Santos, durante a presentación

O presidente sinalou que As Rutas do Viño que naceron no 2009, «non tiveron o apoio adecuado até 2016  que se reiniciou a nova etapa». Pero entón, tampouco se subiu ó carro do turismo segundo Sánchez: «Valdeorras mirou para outro lado, non necesitaba economicamente do turismo porque había outros recursos económicos pero pouco a pouco creouse na comarca unha necesidade de atraer a ese turismo, e hoxe hai dúas oficinas adicadas a tal fin, unha no Barco e Outra na Rúa».

Nava Castro, Patricia Lamela e Montse Rodríguez tras a presentación 

Resaltou a importancia que ten para a comarca «recibir visitantes» porque «cada un deles é susceptible de converterse nun embaixador da nosa terra, da nosa gastronomía, do noso patrimonio e, por suposto, dos nosos viños».

O presidente da D.O. Valdeorras acompañado polos adegueiros de O Cepado

Tamén animou á xente para participar nas diferentes actividades que se poñerán en marcha  en diferentes enclaves de Valdeorras. «Haberá propostas para todo tipo de públicos, que incluirán catas de produto», destacou o presidente da Ruta do Viño. «Algunhas delas teñen como finalidade poñer en valor o noso patrimonio natural; outras propoñen accións de maridaxe e outras teñen como misión resaltar os nosos activos turísticos», destacou Sánchez.

Nava Castro, pola súa banda sinalou a importancia de que cada ano se sumen máis asociados. Tamén recalcou o potencial das covas como elemento diferenciador, respecto a outros roteiros e coma non, destacou a chegada do AVE «a porta que abrirá as Portas das Xornadas».  O turismo industrial tamén tivo unha especial mención no discurso.

Nava Castro durante a súa intervención

Presentou as diferentes accións que se están a levar a cabo desde a Xunta como «A Viaxe sostible entre viñas», un coche eléctrico para percorrer as diferentes rutas. Bicicletas eléctricas para recorrer sendeiros apostase polo achegamento do ave as diferentes rutas.

Divi e Margarita de Adega Roandi

Outra actuación posta en marcha é a adecuación de instalación das adegas e recursos para promocionar e enriquecer o establecementos enogastronómicos. Un destino náutico fluvial ecosostible con barcos eléctricos para percorrer rutas polos ríos.

Jorge Isla presentou o evento

As  XI Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras realízanse durante toda a fin de semana ata unha decena de actividades diferentes en toda a comarca. Parte dos visitantes que se achegarán ata a zona fano nos diferentes buses do viño que partirán mañá e pasado de diferentes cidades como Vigo, Ourense ou Ponferrada.

Cristina de la Torre e Cristina Núñez forman parte da organización

Ao final da presentación fíxose referencia a Florencio Delgado Gurriarán e o presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses leu os versos do poema «Bebedeira», do homenaxeado das Letras de este ano. O valdeorrés Sito Fernández acompañou ca sua música a velada na que non faltaron os versos musicalizados de Florencio na voz do artista.

 

 

Para información adicional: info@rutadelvinovaldeorras.com