
Margarida Pizcueta: «Hai que crear unha regularidade e que a xente consuma cultura»
O Concello do Barco de Valdeorras anunciou a programación de cine comercial de cara ao mes de outubro

Un ano máis regresa a programación de cine comercial ao Barco de Valdeorras. Despois da pausa para desfrutar ao aire libre, regresan os títulos máis recentes ao Teatro Lauro Olmo. A primeira función será o vindeiro 12 de outubro con "Padre no hay más que uno 4", filme estreado o 18 de xullo do 2024.
Como en outras edicións poderanse visionar dúas películas por cada fin de semana, «unha para público familiar e outra para adulto», anuncia Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura e Educación. Asegura que, en moitas ocasións, os «cinéfilos non teñen nenos na casa, entón haille que dar opcións a eles».
Por este motivo, esa primeira xornada proxectarase "Casa en Llamas", unha película española-italiana estreada o 28 de xuño deste ano. Destacar que este filme gañou o premio do público no Festival Internacional de Cinema en Catalán.
A segunda fin de semana de outubro abrirá a programación o sábado 19 con "Gru 4"ás 17:00. No caso da proposta para adultos será "Bitelchús". As últimas dúas películas que se proxectarán neste décimo mes do ano será, de novo, "Gru 4" e "Joker, folie á Deux"
A concelleira aproveita esta nova edición para botar a vista cara atrás e recordar eses primeiros anos. «A verdade é que ao principio non nos custou nada, rompemos récords», recorda.
Rematada a pandemia todo comezou a cambiar. «Estanos custando traer o público ás salas». A pesar de esta época máis «frouxa» o cine está repuntando, igual que os vinilos. Por este motivo, a concelleira cree firmemente «hai que crear unha regularidade e que a xente consuma cultura».