A Feira do Porto da Barca reuniu a artesanía na Praza da Igrexa do Barco

Coincidindo coas festas do Casco Vello do Barco, na xornada deste sábado 15 de xuño volveuse a celebrar a terceira Feira Porto da Barca. Paseamos polos postos e descubrimos todo o que tiñan que amosar.

Alimentación e artesanía así como as tres asociacións sen ánimo de lucro: Peludines Callejeros de Valdeorras, AECC O Barco e Patrulla Felina O Barco —estes tres, só en horario de tarde—, estiveron presentes O público infantil tamén puido desfrutar de actividades como o show de Guti Malabarista, ás 11:30 horas; e un obradoiro de malabares, ás 12:00.

Xa pola tarde, organizouse outro obradoiro, neste caso de lámpadas de madeira, en horario de 17:00 a 20:00 horas, con Seredipia Creative de Viana do Bolo. Para ambos obradoiros as prazas foron limitadas limitadas. 

Alba Prada, concelleira de Turismo e Comercio do Concello do Barco, cuxa concellería organiza este evento, conta todo sobre a feria.

Vanesa de Nekoitanee Illustratións fai gravados, postais e ilustracións a man con técnicas xaposesas.

Alba Paradelo levou á Feira accesorios de moda. Ela é deseñadora de roupa e complementos.

Marta da firma Mariposa Azul  é unha artesá que realiza colgantes de bisutería usando aceiro inoxidable. A súa compañeira de posto, Isa de A Rabicha realiza velas de olor