Exhibición de ximnasia rítmina, ballet e zumba no Barco

Esta é unha maneira de amosar as actividades que se practican durante todo o ano nas Escolas Deportivas do municipio

O Concello do Barco segue apostando polo deporte e, nesta ocasión, vólvese celebrar a exhibición de ballet, ximnasia rítmica e zumba das Escolas Deportivas do municipio. A actividade desenrolarase este venres 31 de maio.

A primeira será ás 19:00 no pavillón vello. Sirve para amosar «as actividades que se están practicando durante todo o ano», detalla Aurentino Alonso, concelleiro de deportes. Contará coa participación dos máis pequenos da modalidade de ximnasia rítmica e ballet, «son uns 65 nenos», a maiores hai 40 en zumba de cativos. 

A partir das 20:00 comezará a exhibición de zumba na Praza do Concello. Sumado a isto farase unha masterclass na que se poderá unir toda aquela xente interesada. «Non se precisa inscrición nin trámites previos», asegura Alonso. Ata agora xa están anotadas «unhas sesenta persoas e as que queiran participar», resalta.