Disvalia recibe á xerente do servizo ATENDO de Renfe

Fai uns días que Moisés Blanco anunciaba a Disvalia que a xerente do servizo Atendo de Renfe, María López Anaya, visitaría O Barco para coñecer as queixas e reclamacións da Asociación de Persoas con Discapacidade de Valdeorras. A cita está prevista para esta tarde, ás 17.00 horas na sede da asociación. Tra-la reunión, López Anaya visitará a estación de tren de O Barco para estudar as súas condicións e posibles melloras.

Dende Disvalia ven este encontro como un paso adiante e teñen a esperanza de que poidan chegar a un acordo. "No pongo los dedos, pero estamos contentos", señala la presidenta de la asociación, Begoña Dacal.

Máis dunha ducia de persoas se beneficiaría deste servizo, que facilitaría a accesibilidade da estación, xa que polo de agora as persoas con mobilidade reducida teñen graves problemas á hora de acceder ao tren dende o propio anden.

As estacións máis próximas que contan con Atendo están situadas en Monforte de Lemos –que supón un desprazamento por estrada nacional de 45 minutos- e Ponferrada, un traxecto de máis de trinta minutos. Ademais, a única estación de toda a provincia que dispón de dito servizo é a de Ourense, situada a 116 km do Barco, e o tempo de desprazamento en coche ata a cidade está calculado en 1 hora e 19 minutos.