O Conservatorio do Concello do Barco celebrou o fin de curso co concerto de alumnos
O Teatro Lauro olmo acolleu o concerto do alumnado do Conservatorio de Música do Barco. A función comezou ás 20.00 hora co Grupo de Cámara dúo de violín e piano formado por María, Iván e Daisy. Interpretaron a sinfonía concertante en REM de Felix Shroeder
Alicia Trincado Rodríguez ao saxofón, acompaña por Miguel Ángel Forneiro Cid, fixeron as delicias do patio de butacas co concerto para saxofón de Ronald Binge.
A trompeta foi o instrumento elixido por Joel Rodríguez Vega, acompañado ao piano por José Romero Cid, para poñer o son ao concerto en Mib Josep Haydn.
A saxofonista Alicia Trincado Rodríguez volveu a saír ao escenario, neste caso acompañada por Judith Rodríguez Consentino ao piano coas interpretacións de «Estudio nº 4 Piazzolla» e «En el Jardín del Museo», de Jacob de Haan.
Media hora de boa música para celebrar a chegada do verán e col el o remate das clases no conservatorio que voltarán tras o descanso estival.