A Plataforma Sanitaria de Valdeorras prepara a manifestación do 30

Frear o anteproxecto da Lei de Saúde, ese é o obxectivo principal da Plataforma Sanitaria de Valdeorras que este mércores 20 de setembro celebra unha nova concentración as 12:00 horas diante do Hospital Comarcal e que colle folgos para a manifestación do sábado 30, na que agardan que participen moitos valdeorreses. Así o explicou hoxe nos micrófonos de Onda Cero Valdeorras o voceiro do colectivo, Orlando Saavedra, quen agarda que acudan moitos veciños á manifestación: «O obxectivo é frear o proceso de aprobación la Lei xa que unha vez que chegue ó Parlamento vai ser moito máis dificil, é un anteproxecto moi ambigüo que vai deixar o sistema sanitario condicionado a de futuros Decretos Lei que a poñan en marcha e dos que non sabemos nada». O que si se sabe desta nova Lei de Saúde que prepara o goberno galego é que modifica a maneira na que se organizan as áreas sanitarias e a mobilidade de especialistas perxudicando, segundo Saavedra, ós Hospitais das comarcas periféricas.

A concentración de mañá mércores 20

A Plataforma ven celebrando reunións en tódolos municipios para informar ós veciños sobre a situación, a última delas este mesmo martes 19 en Petín. En canto á concentración de mañá mércores fronte o Hospital Comarcal, acudirá o voceiro de En Marea no Parlamento Galego, Luís Villares, e máis o deputado por Ourense, Davide Rodríguez. Ambos parlamentarios reuniránse antes co persoal do Hospital.