
O Concello do Barco programa dous meses de actividade cultural
A primeira función será este 27 de setembro da man de Sarabela con "Madre in Galicia"

A programación cultural do Concello do Barco para o próximo trimestre chega ao Teatro Lauro Olmo con música e moito teatro.
A primeira cita será este 27 de setembro da man de Sarabela coa súa obra Made in Galicia. Esta idea ten como protagonistas a uns avós que non se entenden coa súa propia familia, xa que falan nun idioma diferente. Trátase dunha adaptación do libro de Sechu Sende.
O día 4 de outubro será a quenda de Galeatro que traerá como proposta "Arte sen guión". A compañía investiga e indaga sobre a posibilidade dun teatro clásico galego do que non existen obras escritas. O domingo chega a hora da música con Sara Marianovich cun concerto-homenaxe a Joaquín Rodrigo, compositor español falecido en el año 1999.
Apenas seis días despois, 11 de outubro, regresará o teatro con "Unha inimiga do pobo" de Talía Teatro. Esta é unha adaptación do texto de Henrik Ibsen.
Cultura Activa/Rebeldía chegará o 18 de outubro con "Vía Morta". Unha montaxe que ten como principal obxectivo traer a situación das persoas refuxiadas ao público galego a través dunha proposta que intentará que o espectador se converta nun refuxiado máis.
"O proxecto Helem Keller" da man de Chévere poderase ver o día 25 de outubro. Tratará a vida da pioneira na loita pola igualdade e a xustiza social. Unha das propostas que traen dende a compañía é a unión entre a lingua oral e a de signos.
No mes de novembro existirá a oportunidade de asistir en dous días distintos, 1 e 2, a ver "Alimañas" unha proposta de Gargallada. "Terceiro acto" estará no Teatro Lauro Olmo con CDG o 8 de novembro.
Para case rematar o penúltimo mes do ano haberá tres citas. O 15 estará "As formas do amor" de Vervedere. No caso do venres, día 22, o Teatro encherase con "Insubmisa" de Antagonista. No caso da última proposta será o 29 de novembro con "El Rufián Dichoso" de Kume.
Esta programación terá como broche de ouro "O Furancho" de Ibuprofeno Teatro o 13 de decembro.