
O Concello do Barco abre o prazo de solicitudes para a contratación de peóns e oficiais de primeira
Estará aberto ata o próximo día 20 e pode realizarse tanto presencial como telemáticamente

Estará aberto ata o próximo día 20 e pode realizarse tanto presencial como telemáticamente
O Concello do Barco abriu prazo para presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo para cubrir postos de peóns e oficiais de primeira vacantes no departamento de Obras. Trátase de cubrir dúas bolsas, co fin de encher as baixas existentes na plantilla.
O prazo estará aberto ata o próximo día 20 e pode realizarse tanto presencial como telemáticamente. Os interesados deber ter máis de 16 anos, e estar en posesión do título de Graduado en ESO ou equivalente e ter o permiso de condución clase B, en caso dos que queiran optar ao posto de Oficial de primeira. Para os peóns, deben ter máis de 16 anos e o permiso de conducir clase B.
Para a selección, realizaranse dúas probas prácticas, relacionadas cos cometidos funcionais dos traballos, e un exame de galego para aqueles que non dispoñan do Celga 2 ou equivalente.
Para máis información pódense consultar as bases da convocatoria de oficial de primeira e de peón na sede do Concello do Barco.