O colexio Julio Gurriarán, cheo de chefs
05 de abril de 2017 (15:19 h.)
Os alumnos/as de 6º Curso de Ed.Primaria do CEIP Julio Gurriarán de O Barco están a facer un Obradoiro de Alimentación saudable incluído no Proxecto "Nutrímonos do Barco". Este traballo será presentado ao Certame de Proxectos que organiza a Consellería.
Empregando froitas variadas, boliños de pan e productos do mar fixeron unha composición artística. Están feitos uns grandes cociñeiros/as e artistas!