O colexio Condesa de Fenosa acolle, durante dous días, xornadas de educación viaria
11 de marzo de 2024 (18:15 h.)
Desfrutará dunhas xornadas de educación viaria grazas á colaboración da Garda Civil de Tráfico e máis de Protección Civil
Entre os días 11 e 13 de marzo todo o alumnado do CEIP. Plurilingüe Condesa de Fenosa, O Barco de Valdeorras, desfrutará dunhas xornadas de educación viaria grazas á colaboración da Garda Civil de Tráfico e máis de Protección Civil.
As actividades divídense en tres zonas:
- A primeira consiste nunha charla no Salón de Actos onde os alumnos aprenden as normas básicas e as obrigas e dereitos que teñen coma peóns ou ciclistas.
- Na segunda zona, no pavillón do colexio, instalou Protección Civil un circuíto no que poñer en práctica o aprendido. Para iso o alumnado trouxo patíns, bicicletas ou patinetes, co seu casco regulamentario.
- A terceira zona é unha exhibición de medios da Garda Civil.