Clases de verán de volei praia en O Barco
O Concello de O Barco en colaboración coa Deputación de Ourense, Deporte Galego, Concello de Ourense, Consello Municipal de Deportes de Ourense e a Xunta de Galicia organiza escolas de Volei Praia en Valdeorras, ofreceráclases de volei praia para rapaces e rapazas a partir de 9 anos.
Estas clases terán lugar todos os venres de xullo e agosto no campo do salgueiral, en O Barco. Previamente á inscrición farase unha proba de nivel hoxe venres 14 de xullo en sesión de mañá e tarde. Pola mañá será ás 11:00 horas e pola tarde ás 17:00 horas.
As clases impartiranse en varios grupos con distintos horarios, igualmente en sesión de mañá e tarde. Os horarios, polo de agora estimados, son de 11:00 a 12:00 horas para o primeiro grupo, que será de iniciación; de 12:00 a 13:30 horas para o segundo grupo, de perfeccionamento; e polas tardes de 17:00 a 18:30 para o terceiro grupo, de perfeccionamento e de 18:30 a 19:30 para o cuarto grupo, tamén de iniciación.
O prezo destes cursos é de 25 euros, que inclúen unha clase semanal dirixida por un técnico titulado, unha camiseta, seguro deportivo e a posibilidade de participar nos torneos organizados polo Club Ourense Volei Praia, (COVP) e a Federación Galega de Voleibol (FGVB).
As inscricións estarán abertas durante os meses de xullo e agosto a través do correo electrónico ourensevoleipraia@gmail.com ou no número de teléfono: 695187979. Para inscribirse será necesario indicar o nome e apelidos, DNI, data de nacemento e un teléfono de contacto.