Chega o Verán Cultural ao Barco

Esta tarde de venres día 22 de junio dábase o pistoletazo de salida ao Verán Cultural do Barco. A concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, anunciaba en primeiro lugar o evento máis próximo no tempo, o VI Ciclo De Perto «que consta de oito xornadas que levaranse a cabo en catro escenarios diferentes, comezando na Praza do Sagrado coa actuación de Olga Novo, hoxe as 22.30horas, e continuando na praia fluvial do Río Sil, Casa Grande de Viloira, para rematar no Castro».

Sobre a primeira en intervir no De Perto, Olga Novo, di a concelleira que « é unha das grandes na poesía galega» que participa por primeira vez, con «poesía tal cual, cruda e pura». Nomes como María da Pontragha, Juan Carlos Mestre, Ángeles Goás, Ana Sofía Paiva e Quico Cadaval, ou Marcos Rodríguez Pantoja, o neno lobo de Sierra Morena, serán os participantes desta nova edición. A nota musical do evento a porán as actuacións de Tanxugueiras e Uxía.

Margarida Pizcueta tamén anunciaba a celebración do San Xoan de mañá sábado día 23 de xuño na Praza Grande de Viloira, «un sitio fresco para esta noite calusora de verán». Este ano tambén levarase a cabo un clásico xa desa noite, unha carreira andaina de San Xoan, para rematar a noite con música ao carón das fogatas.

Pola súa banda, José María Rodríguez presentaba as Noites de Cine, que «terán lugar maioritariamente na Praza Maoir da vila» coa emisión de películas «frescas e divertidas». A recaudación que de algunha delas se faga, «servirá para apoiar económicante ao Silfest Valdeorras», tal e como comentaba Jose María.

Tralo anuncio das datas de celebración da Feira do Viño, que celebrarase os días 14 e 15 de xuño, anunciaba tamén Pizcueta as Sesións de Baile que se levarán a cabo na Praza Maoir durante o mes de agosto, os días 5, 12, 19, 26 agosto.

Campamento de verán da Asociación Vagalume

Ao redor de 20 anos leva funcionando o campamento de Vagalume «e cada ano aumenta o interés por parte da xente», así o contaba José Rodríguez, o director da Asociación. Máis de 100 nenos de entre 3 e 12 anos, son cada ano atendidos a través desta iniciativa que procura «realizar actividades novas como ioga ou piscina», ademáis de incorporar «o concepto de educación emocional con actividades de recoñecemento e expresión de emocións, traballado por parte das monitoras».

O segredo da lonxevidade, «básase na calidade do persoal que os imparte, persoas con titulación que sempre están pendentes dos cativos», explicou, e tranquilizou a aqueles pais e nais que «pensan que os nenos poden quedar sen praza, porque xeralmente non deixamos a xente fora».