O CEIP Otero Pedrayo de Viloira celebra o Día das Letras Galegas con música e baile
Este 16 de maio, o CEIP Otero Pedrayo de Viloira viviu unha xornada memorable coa conmemoración do Día das Letras Galegas. Ás 12:30 da mañá, no ximnasio do centro, os alumnos e alumnas, acompañados polos seus profesores e con invitados moi especiais, como os seus pais e avós, amosaron con orgullo as súas coreografías de baile.
Durante a celebración, todos os cursos, desde 1º ata 6º de educación primaria, participaron con entusiasmo. Os nenos e nenas interpretaron muiñeiras tradicionais, como a Muiñeira de Lugo e a Muiñeira do Moleta, tocaron panderetas e incluso realizaron a coreografía da canción "Terra" de As Tanxugeiras, ademais de cantar en galego. Foi unha experiencia moi didáctica e emotiva, que serviu para inculcar desde pequenos a importancia da lingua, a cultura popular e os bailes tradicionais.
Sen dúbida, foi un día para lembrar, cheo de alegría, orgullo e respecto pola cultura galega. Unha fermosa maneira de celebrar e manter viva a identidade cultural entre as xeracións máis novas.