viernes. 06.06.2025

Cancelado o Silfest 2017 con varios artistas confirmados

Xa había data e xa estaba todo en marcha para a terceira edición do festival barquense, que se celebraría os días 25 e 26 de agosto, no que iba a ser un fin de semana de música, cine, natureza e gastronomía local.

E precisamente a data foi o motivo da cancelación do Silfest 2017, que xa contaba con varios artistas e servizos confirmados. Parece ser que o 25 e 26 de agosto terá lugar tamén a Kalimochada de Éntoma e o Concello de O Barco propúxolle á organización do festival cambiar as datas, pero xa era moi tarde para eso. "Es ya muy complicado cambiar la fecha porque este año, además, apuntábamos un poco más alto y queríamos traer a algún artista nacional y a estas alturas tienen ya muy poca disponibilidad", explicaba Jorge Álvarez, un dos organizadores.

Álvarez tamén asegurou que aínda que este ano se cancela o Silfest, en canto remate o verán comezarán a traballar para celebrar a terceira edición no vindeiro 2018. "Son muchos meses de trabajo para que todo salga bien, entonces decidimos cancelarlo para no hacer ninguna chapuza y no estropear lo que hemos hecho hasta ahora".

Dende a organización recoñecen que senten frustración ao ter que cancelar un festival como este, pero aseguran que non era a súa intención "importunar ni pisarle la fiesta a nadie".

Haberá que esperar ata o ano que ven para gozar de novo do Silfest, o festival valdeorrés por excelencia.

Cancelado o Silfest 2017 con varios artistas confirmados