Calantornias: «É un orgullo selo porque só existimos no Barco»
[row][double_paragraph]
[/double_paragraph][double_paragraph]
Se hai unhas figuras famosas nas Festas do Cristo do Barco e que ademáis sexan propias da vila, esas son as calantornias. Acompañadas dos cabezudos, esta representación da tradición barquense máis arraigada, pode admirarse cada ano na procesión do Cristo, pero tamén agora, acompañando ao pregoeiro das festas. Sen reflexo de tan sonoro vocablo nos diccionarios, nin orixe etimolóxico coñecido, sitúase a súa aparición na historia dos festexos da vila alá polo século XIX, máis concretamente en 1821, tal e como Ángel Fernández, o que fora pregoeiro en 2009, subliñaría no seu pregón.
Elas pola súa banda, as calantornias, sen desvelar o seus nomes, explicaban que ademáis, este ano, teñen preparado para a ocasión un baile que representarán para deleite dos espectadores que acudan a velas. E é que parece que pouco a pouco vaise recuperando unha tradición que chegou a estar perdida, pero que agora ten máis forza que nunca. Para elas «é un orgullo» ser calantornia »porque as calantornias só existen no Barco».
Eso, sí, os que agora se esconden tralos traxes recuperados polas mans de Quelo Rodríguez Ávila, non queren que esta tradición volva a sufrir o olvido, así que fan un chamamento a todo aquel que se presente volunario ao relevo xeracional despóis de 10 años e convertirse, como elas, en calantornias. Como requisito indispensable, «ter a titulación de barquense diplomado» e tamén «físicamente ter algo de nivel, porque levas encima o peso dun cesto da vendima».
Para escoitar a entrevista completa, no seguinte enlace:
[/double_paragraph] [/row]