


















Ao redor de 40 persoas reuníronse no salón de banquetes da Adega Roandi en Éntoma para celebrar o Entroido. Aínda que a maioría eran veciños desta parroquia barquense, tamén había comensais do Barco ou de Millarouso.

Unha cea na que os asistentes, na súa maioría estaban disfrazados e hai que subliñar que como se facía antes, con «farragachos» que se atopan no fondo dos armarios ou nos desvais, pero tamén había disfraces confeccionados para a ocasión.

Unha noite divertida na que os veciños e veciñas de Éntoma aproveitaron para recordar os «carnavales» que se celebraban na aldea e na que eran típicas as Furracas e Zamarreiros.
Non faltou, coma en toda celebración que se prece, una boa comida, neste caso servida por Slow Food Valdeorras co cociñeiro Óliver Fernández ao cargo dos fogóns. Aos entrantes nos que non faltou a empanada o queixo, embutido e lacón con pimentos seguíulle un arroza con pescado e marisco que arrecendía. De postre, o típico destas datas, orrelas e doces de entroido.

Unha noite divertida entre veciños na que non faltou o viño e espumoso de Roandi co que se encheron as copas e se fixo un bride polo Entroido.

Vídeo da cea de Entroido en Roandi: