"Os Bolechas" en directo no Barco: unha tarde máxica de monicreques para os máis pequenos
O espectáculo infantil "Os Bolechas tocan nunha gran orquestra" fará parada no Barco de Valdeorras o próximo 7 de decembro ás 18:00 horas, no marco do programa Falaredes 2024, promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
A actividade, organizada pola Concellaría de Cultura do Concello do Barco, ofrecerá aos máis pequenos e ás súas familias unha experiencia única de teatro de monicreques, especialmente deseñada para nenos e nenas de entre 4 e 9 anos.
O espectáculo promete unha tarde chea de diversión e aprendizaxe, co obxectivo de fomentar o uso da lingua galega a través da cultura e o entretemento. Sen dúbida, unha cita perfecta para gozar en familia e achegarse ao mundo de "Os Bolechas", personaxes xa moi coñecidos e queridos polo público infantil galego.