jueves. 28.03.2024

Os partidos políticos entrar na recta final da campaña. En onte BNG e PP acordaron reclamar infraestruturas de Valdeorras.

Por unha banda, os populares ourensáns se desprazaron nesta xornada electoral ata o límite das provincias de Ourense e León, onde tivo lugar un acto en defensa da autovía A-76, coa presenza do secretario xeral do PP de Galicia, Miguel Tellado, o secretario xeral do PP de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, e por parte ourensá os candidatos ao Congreso e aos Senado Celso Delgado e Miri Barreira.

Celso Delgado ratificou o “máis absoluto compromiso do PP” con esta infraestrutura e chamou a atención dos propósitos de Podemos, “que só queren estradas de terceira para Galicia e Castela”, lembrando que no Congreso votaron en contra desta autovía “con argumentos insustentables como que estábamos a malgastar o diñeiro”.

Noutro sentido,Noa Presas, cabeza de lista do BNG por Ourense, dixo na Rúa –onde participou nunha visita ao Centro de Saúde xunto Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, e a alcaldesa María Albert- que “hai que botar ao Partido Popular do goberno das administracións para que non continúen os recortes que levan a situacións coma as que se vivirán aquí, na Rúa, este verán co servizo de atención médica reducido a metade porque non se cobren as vacacións, precisamente nunha época na que aumenta a poboación”.

A candidata do BNG por Ourense insistiu en que o concello da Rúa é un exemplo de como o BNG, “cando ten oportunidade”, inclina a balanza dos gobernos “cara a esquerda e a unha Galiza de futuro”. “No que vai de campaña quedou demostrado que nin a dereita nin a esquerda estatais teñen un proxecto para este país”, lembrou Presas un día despois do debate en Telemiño.

Noa Presas dixo que no debate quedou en evidencia que “a candidata de Ciudadanos está en prácticas, o PSOE é un partido esgotado, o PP xa non ten ningún tipo de crédito i En Marea é simplemente un anexo de Podemos”.

Aba Pontón, portavoz nacional do BNG, animou á militancia a “saír o domingo e demostrar que queremos a este país e que non llo imos entregar gratuitamente a ninguén. Nin aqueles da vella política que fixeron promesas que se converteron en recortes laborais e sociais nin aos da nova política que volven a facer promesas sen contar con Galiza”. A portavoz do BNG non escatimou criticas ás forzas estatais que veñen a buscar o voto a Galiza. Forzas que un día son comunistas, ao día seguinte peronistas e agora socialdemocratas, o BNG loita para que os galegos e galegas teñamos futuro e non estar abocados á precaridade laboral que nos afoga. O BNG quere un ensino público, laico e galego, non quere que só estuden os que teñan máis recursos.

BNG e PP coinciden reivindicando infraestruturas en Valdeorras