lunes. 23.06.2025

O BNG do Barco presentará unha moción para a creación de GALTREN

Esta non é a primeira vez que o partido pon en manifesto os problemas ferroviarios da zona
portada. Estación tren A Rúa
estaciondetrenarua_reloj
O BNG do Barco presentará a moción para crear unha compañía pública ferroviaria

O Bloque Nacionalista Galego presentará unha moción centrada na situación ferroviaria na zona. Isto farano no pleno que terá lugar na tarde de hoxe, 7 de marzo. 

«De sobra é coñecida a dificultade que presentan os desprazamentos da poboación ou mercadorías dende a comarca de Valdeorras cara a calquera outra comarca na Galiza», así comeza a moción do BNG. 

De feito, esta non é a primeira vez que o partido pon en manifesto os problemas ferroviarios da zona. Se nos remontamos ao ano 2022, puxeron en marcha unha campaña na que reivindicaban un tren «digno para a comarca». 

Nesta ocasión, farán dúas peticións diferentes. A primeira delas é pedir o Concello do Barco que «instará á Xunta de Galicia a Demandar do Goberno do Estado as transferencias en materia de ferrocarril interior, xunto cun financiamento axeitado, co obxectivo de crear unha compañía pública ferroviaria galega (GALTREN)».

O que pretenden con isto é que se mellore a «prestación deste servizo no noso país e favoreza a vertebración económica, social e territorial do país mediante un tren de galego sobre o que ter capacidade decisoria respecto da política tarifaria, horaria e de desenvolvemento», aseguran. 

Por outra banda, pedirá que o próximo presidente da Xunta de Galicia trate este tema co presidente do Goberno na «reunión que lle solicitará “inmediatamente” tras a súa toma de posesión como presidente da Xunta», conclúen. 

O BNG do Barco presentará unha moción para a creación de GALTREN