O Barco eliminará as malas herbas a base de herbicida natural
O Concello do Barco iniciará nas próximas semanas a aplicación de ácido acético (vinagre) para a eliminación de malas herbas en diferentes zonas do municipio. A proposta foi presentada hoxe polo alcalde na reunión da Comisión de Obras, e a idea é que, a partir deste momento, se utilice só este produto para a maleza.
O ácido acético concentrado é un produto 100% natural, non é tóxico, e está considerado un herbicida orgánico apto para a agricultura ecolóxica e xardinería substituíndo ao glifosato.
Este produto está indicado para o seu uso en zonas onde hai gran afluencia de persoas coma os parques ou xardíns urbanos debido a que non ten toxicidade. Pese a todo pode provocar un olor algo forte durante tres ou catro horas despois da súa aplicación, o que pode resultar algo desagradable.
Se a idea resulta positiva a utilización do herbicida usaráse nas marxes das vías como tratamento preventivo tras os traballos de desbroce.