O Barco non se rinde e insta a Renfe a tomar unha decisión a favor dos valdeorreses
O alcalde de O Barco, Alfredo García, ten pendente unha reunión co responsable de Renfe en Galicia, a que tamén acudirán os concellos de Sarria e O Carballiño, organizada pola secretaría do Eixo Atlántico co fin de confirmar o que extraoficialmente se lles comunicou en referencia á paralización do peche das estacións. "Las manifestaciones han dado sus frutos y parece que van a estudiar alternativas", reconocía el alcalde.
Neste sentido, o Concello de O Barco, a través dunhas xestións coa deputada por Ourense en Madrid, Rocío de Frutos, enviou hoxe unha carta a Renfe na que se lle pide que estude o caso dos concellos valdeorreses. O Barco insta a Renfe a que non peche a billeteira das estacións e que, ademais, mellore a accesibilidade das mesmas. "Parece que este tema está parado, pero no queremos que se olvide. Habrá que seguir pendientes", explicaba Alfredo García.
En canto á accesibilidade, o rexidor recordaba que non só son os discapacitados os que teñen problemas de acceso, senón tamén as persoas maiores con mobilidade reducida. Problemas que se arranxarían coa colocación da rampa que a Asociación de Persoas Discapacitadas de Valdeorras, Disvalia, leva tanto tempo pedindo. Dita asociación está tamén pendente da resposta da xerente do servizo atendo, María López Anaya, coa que se reuniron a semana pasada.
O concello barquense opónse a aceptar a negativa que lles deu Adif, alegando que a estación non chega aos 750 usuarios, e así llo fará constar na carta que se lle envía hoxe. "No importa cuánta gente afectada haya, los que hay tienen derecho a ser atendidos. Nuestra estación puede ser pequeña en número de usuarios, pero el alcance no es tan pequeño".
Pola súa parte, a alcaldesa de A Rúa, María González Albert, recordaba tamén que malia que de momento a decisión está paralizada, isto non significa que Renfe se botase atrás, senón que están valorando alternativas. "Non nos podemos despistar", sinalaba Albert.