O pleno do Barco aproba as contas do exercicio 2017

A Conta Xeral do 2017 do Concello do Barco quedaba onte aprobada no pleno ordinario do mes de outubro a pesares das seis abstencións rexistradas, manifestadas polo grupo popular da oposición, último trámite trala súa aprobación en comisión e posterior exposición pública. O concelleiro Aurentino Alonso tomaba a palabra para referirse a un orzamento que «cumpre cos obxectivos de estabilidade orzamentaria, coa regla de gasto, co límite de endebedamento e co periodo promedio de pago a proveedores no derradeiro trimestre do exercicio 2017». Apuntou tamén que o Concello do Barco «non ten ningún plan de saneamento financieiro nin de reducción de débeda, nin de axuste algún porque non se necesita».

Antes de someter o documento á valoración dos membros da corporación, Alonso insistía no feito de que estábanse aprobando ou rexeitando «os documentos técnicos, non a xestión económica realizada polo grupo de goberno no exercicio 2017». Así e todo, o concelleiro de Riada Cidadá, Félix García, comezaba a súa intervención valorando a falta de persoal coa que conta o Concello e felicitando aos técnicos pola labor feita a pesares da situación. Tamén explicaba o concelleiro que «dos máis de 9 millóns e medio de orzamento para o ano 2017, máis dun 23'3% quedouse no caixón, o que supón a cifra de máis de 2 millóns de euros, cando hai moitas obrigas por acometer».

Pediu tamén o concelleiro de Riada que os orzamentos do próximo ano 2019 foran presentados, debatidos e aprobados antes do 31 de decembro do actual ano como impón a ley, para que non se convirtan nunha arma de propaganda electoral, como pasou, dixo, «nun recente acto institucional do pregón das Festas do Cristo no que a concelleira de cultura postulouse e pediu o apoio dos presentes». Pola súa banda, Tino Alonso explicou que realmente, con respecto ao que se orzamentou inicialmente, cumpliuse cun 92'63%. Tamén recordou que o grado de endebedamento do Concello «está nun 9'94%, bastante menor do 75% adminisible».

O concelleiro de Riada, Félix García, primeiro pola esquerda