A auga volve deixar sen accesos ao Barco
26 de mayo de 2017 (19:11 h.)
Unha tromba de auga de apenas vinte minutos volve deixar ó Barco sen acceso por A Proba e Veigamuiños.
En torno as 16:30 horas do 26 de maio a tormenta deixaba caer en Valdeorras raios e auga, moita auga e, outra vez en moi pouco tempo.
De novo os accesos ao Barco por Veigamuiños e A Proba quedaban asolagados. As bombas nada puideron facer. GES de Valdeorras, Policía Local e Garda Civil foron os encargados de facerse cargo dos incidentes que causou a forte choiva caída.
[df-caption title="Acceso pola Proba" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/05/somoscomarca_obarco_inundaciones_2017_05_26-2.jpg"]