Aberto o prazo de inscripción das pandillas e do obradoiro de pintura comestible no Barco
O Concello do Barco inclúe no programa das Festas do Cristo 2017 a Sesión Vermú / Festa das pandillas, o sábado 16, e un obradoiro de pintura comestible, o domingo 17. Para ambas actividades ábrese un período de inscrición.
O sábado día 16 de setembro ás 12h na praia fluvial do Malecón terá lugar a Sesión Vermú/ Festa das pandillas, como un lugar de encontro de persoas que comparten amizade e que viviron unha parte da súa mocidade no marco dunha pandilla, para rememorar vellos tempos acompañados das cancións daquela época que serán interpretadas polo grupo Los Íñigos. Os interesados poden inscribirse no servizo municipal de Cultura ou cubrindo o formulario deste enlace.
O obradoiro de pintura comestible, para nenos e nenas de entre 3 e 6 anos, terá lugar o domingo 17 de setembro ás 11h30 no Malecón á altura do Río Cigüeño. É necesaria a inscrición previa. As prazas dispoñibles serán adxudicadas segundo a orde de inscrición. Pode facerse no servizo muncipal de Cultura ou cubrindo este formulario.