O piragüismo volve esta fin de semana a O Barco

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O río Sil volverá a tinguirse de cores esta fin de semana. O piragüismo volve ás Festas de Santa Rita poñendo o selo deportivo ás celebracións.

Este sábado 13 de maio celébrase en O Barco de Valdeorras a Copa de España na modalidade clásica individual. Máis de 60 padaxeiros procedentes de distintos puntos de España sairán de Éntoma ás 15:30 horas dispostos a facerse co título nacional. Será unha competición a contrareloxo, na que os competidores sairán con un minuto de diferencia, chegando o primeiro á meta arredor das 15:45 horas. A distancia de percorrido é duns 4 kilómetros.

Pola tarde, Éntoma volverá a ser o punto de saída, esta vez para o Campionato de España de Patrullas, tamén na modalidade clásica, que terá lugar ás 18:30 horas. Será unha única proba con validez nacional.

O domingo 14, en horario matutino, ás 10:00 horas, O Barco acollerá tamén a Copa España na modalidade sprint individual, con saída dende a zona do Cachón e meta na zona das Casas Baratas. Será de novo unha proba a contrarreloxo, saído os padaxeiros cun minuto de diferenza. Esta vez trátase dunha proba de velocidade, recorrendo unha curta distancia de 350 metros.

Malia que o tempo está sendo inestable favorece a que o río recupere o seu caudal. Esperemos que a choiva dea unha tregua para poder asistir, cando menos como espectadores, a estas probas nacionais.

Como novidade, este ano o piragüismo programouse, aínda que dentro dos actos das festas de Santa Rita, para o fin de semana previo, favorecendo a asistencia do público.