Dobre cita cultural no Concello de Trives esta semana

[row][double_paragraph][the_ad_placement id="nadal2018-izquierda"] [/double_paragraph][double_paragraph]

O Concello de Trives xa está inmerso nas datas festivas que están a punto de chegar, e esta semana hai dobre cita coa cultura.

Desde a Biblioteca Municipal da Pobra de Trives dan comezo ao Nadal cunhas divertidas manualidades para os máis cativos, que consistirán en crear e decorar con motivos relacionados con esta data:

O obradoiro de nadal é mañá martes, 18 de decembro, ás cinco da tarde na Biblioteca Municipal. Esta actividade está dirixida a nenas e nenos de 4 e 12 anos. Ata os 6 anos deberán estar acompañados dunha persoa adulta.

E a segunda cita chega o vindeiro venres, día 21 de decembro, o Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives, que acolle o tradicional Certame de Nadal da Escola Municipal de Música.

O certame dará comezo ás 19:30 h. abrindo o acto os alumnos de guitarra, logo será a quenda dos alumnos de piano, que actuarán en dous bloques, e no medio destes a Rondalla Esmorga, rondalla da escola de música, interpretará dous temas. Todos xuntos acompañados polos seus mestres, interpretarán unha panxoliña para poñer peche ao evento desexándonos unhas boas festas.