Asunción Arias: «2020 é o ano do Camiño de Inverno»
O 2019 foi o ano no que mais camiñantes pasaron por esta ruta xacobea dende que está operativa
«Sen peregríns non hai Camiño». Esta é a frase mais pronunciada por a presidenta da Asociación de Amigos do Camiño por Valdeorras, Asunción Arias. Dita afirmación tivo o seu maior exponente no 2019, ano no que aumentou o paso de peregríns en algo mais dun 16 por cento con respecto a 2018. «Se o ano pasado pasaron algo mais 5.000, este ano multiplicouse nese 16 por cento», dí, para recordar que «2020 é o ano do Camiño de Inverno».
De feito, siguen pasando peregríns día tras día, aínda que sexa época invernal. «Só en outubro e novembro pasaron 280, mentres que en decembro estaban previstos varios grupos». Deste xeito, no último trimestre do ano casi se acadaron os 400.
Asunción Arias destaca a dimensión internacional do Camiño, que cada vez cobra mais forza, xa que houbo peregríns de Canadá, Estados Unidos e de distintos países de Europa. Proba do interés no mundo polo Camiño, é a solicitude de información sobre o mesmo. Ata «unha persona levou información en inglés para San Diego, una asociación estadounidense», engade.
«2019 foi un bo ano a nivel de peregríns. Non se pode dicir que acadou o máximo histórico porque está por chegar a ise punto, pero si que foi o ano de mais peregríns».
O Camiño de Inverno é relativamente novo si se toma en relación cos demais «porque temos o Primitivo que leva 12 anos, que era pouco coñecido e concellos e asociacións fixeron un gran traballo e ten 12.000 peregríns ó ano». Todo un modelo a seguir.
Conta que hai un detalle que pasa inadvertido: «O Camiño de Inverno e agora un referente para todo o mundo, tanto para asociacións, empresas e concellos». O motivo e que «2020 vai ser o ano do Camiño de Inverno, declarado así no seu día polo Xacobeo. «Terá os seus beneficios porque invertirase nesta ruta xacobea. Todos temos que poñernos as pilas para deixar o Camiño en boas condicións», valora.
Asunción Arias cita que hai que correxir a falta de seguridade do Camiño de Inverno ao seu paso por A Rúa. Da a coñecer que, recentemente, un peregrín estivo a piques de ser atropellado. «Porque parou o coche, senón o leva», lamenta.
A presidenta do colectivo mantivo diversas reunións con responsables do Xacobeo para abordar dita seguridade no tramo de A Rúa. No que vai de ano, «presentamos alomenos cinco veces, e por escrito, unha proposta de solucións ao conselleiro de Cultura», relata.
O que pide é un sinal ou semáforo de obra para parar os coches no tramo perigoso do citado municipio, no ámbito do cruce da N-120, que é onde hai mais tráfico. «Ten que ser de xeito urxente, xa». Para resolvelo, considera que teñen que personarse responsables de Patrimonio.
Asunción Arias conclúe que foi o ano en que mais peregríns pasaron dende que o Camiño de Inverno está funcionado.
Texto: Susana Prieto