A Volta Ciclista a España pasa por Quiroga
A sesta etapa da Volta Ciclista a España que parte a una e media do paseo da Compañía, en Monforte, remata en Luintra ao redor das cinco e media da tarde despois de percorrer 163 quilómetros polos municipios de Monforte, A Pobra do Brollón, Ribas de Sil, Quiroga, Bóveda, Sober, Castro Caldelas, A Teixeira, Parada de Sil e Nogueira de Ramuín.
A caravana ten previsto chegar a Quiroga a una, mentres que a Volta farao as dúas menos vinte e cinco. A arteria de comunicación da vila, a rúa Real, estará cortada desde a una ate as dúas menos cuarto. A Policía Local solicita que se retiren os vehículos estacionados nesta rúa a máxima brevidade.
Tamén estará cortada o tráfico a N-120, xa que os corredores cruzarana para chegar a San Clodio a onde accederán pola ponte vella, seguindo pola rúa do Ferrocarril ate a praza do Concello para saír pola ponte nova e incorporarse a N-120 ate Sequeiros, onde deixaran a estrada nacional para incorporarse a LU-933 que os levará Os Novais, As Medas e ó polígono empresarial. Pola rúa do Toucedo poñerán rumbo a Quiroga onde collen a rúa Real que atravesa toda a localidade. Abandonarán Quiroga incorporándose de novo a N-120 para dirixirse a estrada antiga e atravesar as localidades de Nocedo, A Labrada, Cereixa, Bóveda e de novo Monforte para tomar rumbo a Ribeira Sacra, atravesando os espectaculares canons do Sil, para rematar os derradeiros 70 quilómetros con subidas e baixadas serpenteantes onde se atoparán co Alto de Alenza de segunda categoría.