Trece medallas para o ADAS Natación no Campionato Galego Máster de Verán
Estupendo bagaxe para os nadadores do Club ADAS O Barco no Campionato Galego de Natación Máster de Verán, que se celebrou o pasado fin de semana no Pavillón dos Remedios, en Ourense.
Malia que o club levaba unha pequena participación de tan só oito nadadores, debido a varias baixas de última hora, os resultados individuais obtidos en cada categoría foron sobresaíntes, conseguindo un total de trece medallas.
Na clasificación xeral o Club ADAS quedou na décimo terceira posición, dun total de 24 clubs, sendo moi grande a diferenza de participantes entre uns e outros, xa que o club gañador contaba con máis de 70 nadadores.
A nadadora Beatriz González Ríos conseguía dous ouros, en 100 braza e 200 estilos, e unha prata en 50 braza, batendo ademais o Record Galego da súa categoría cun tempo de 1'41"23. Así, Ríos convértese na primeira nadadora do ADAS en obter un record galego.
Pola súa banda, Eva Goicoechea conseguía tamén dous ouros en 50 bolboreta e 100 bolboreta, mentres que Laura Garrido era prata en 100 espalda e ouro nos 400 libres. Manuela Rodríguez chegaba na segunda posición en 50 libres e terceira en 50 braza. Nos relevos femininos o club conseguía a medalla de prata.
A expedición masculina, formada por tan só dous nadadores, conseguía dúas pratas e un bronce. Jorge Espinosa conseguía a prata en 50 espalda e o bronce en 50 braza. "A pesar de los poquitos que fuimos el resultado fue muy bueno, prácticamente todos hicimos podio", comenta Espinosa. Francisco Rodríguez chegaba tamén na segunda posición en 400 estilos.
Con este campionato galego remata a temporada de piscina. No vindeiro mes de xullo inaugurase a temporada de augas abertas, con travesías por ríos e mares.
*Fotos cedidas