A tradición do Fulión da Mourela Pra Acá en Cernado (Manzaneda)

Unha viaxe chea de sentimento e orgullo ó ritmo dos bombos, trompetas, mázcaras e baile que une xeracións nesta celebración ancestral do Fulión

Durante a Foliada, celebrada nesta mañá do 22 de febreiro, Cernado transformouse nunha aldea chea de bulicio onde o son dos bombos, as trompetas e o baile rítmico e acompasado das Mázcaras, resoaron con forza por toda a vila unindo a todos os habitantes nesta celebración ancestral.

Un dos aspectos máis fermosos da Fuliada é a súa capacidade para reunir a persoas de todas as idades. Os avós comparten historias de celebracións pasadas, mentres que os máis novos aprenden as danza tradicional e mergúllanse na cultura da súa terra. Este intercambio interxeracional é vital para manter vivas as tradicións e asegurar que as futuras xeracións continúen celebrando a Fuliada co mesmo fervor.


 

Con istas premisas, e baixo unha intensa chuvia, ás 11.00 horas da mañá, o Folión visitante solicitou o permiso para tocar no pobo, un acto que se realiza a través duns versos recitados polos membros. Iste permiso é recibido con gran gozo polos habitantes, simbolizando o orgullo e a conexión entre todas as aldeas.

 

A partir de aí comenza o percorrido do Fulión por toda a localidade, onde o son dos bombos enche as rúas, e os participantes únense nun baile acompasado e rítmico, virando sobre o seu propio eixo. Nun momento do percorrido, xunto a fonte, Amable Fernández, alcalde de Manzaneda, e varias persoas máis, lle prepararon un pequeno refrixerio para repor forzas, permitindo que todos continúen disfrutando da Fuliada. O evento culminou nunha carpa onde as representacións e o baile siguiron vibrando.

A Fuliada da Mourela Pra Acá en Cernado  é unha celebración da vida, de sentimento, de orgullo. A través da música e do baile, os habitantes de Manzaneda únense para honrar as súas raíces e fortalecer os lazos que os unen. Sen dúbida, é un evento que non só enriquece a quen participa, senón que tamén deixa unha pegada indeleble no corazón de todos os que teñen a sorte de vivilo.