viernes. 19.04.2024

O tempo axudou e

Seadur volveu encher as rúas que levan ás adegas de xente de todos os puntos da

xeografía española e tamén dalgúns lugares de Europa.

Ambiente a primeira hora da tarde

Os mais

madrugadores comezaron a chegar as seis da tarde, hora na que se abriu o

percorrido ata chegar as 22:30, hora de peche e na que a festa trasladouse a

chaira onde estaba situada a carpa onde sonou a música e repartiuse bica.

Toda axuda é pouca e as máis pequenas tamén quixeron botar unha man

Como en anteriores edicións, as adegas, ao redor dunha vintena, ofreceron os asistentes pinchos variados de empanada, embutidos, queixo, xamón, callos, pote de garavanzos ou paella.

Unha noite se Sábado Santo na que os grilos cantaron e o bo viño das adegas de Seadur baixou rápido polas gorxas xa que o calor así o requiría.



Charla de Aurelio Blanco Trincado sobre o tostado

Este ano a novidade foi unha charla de Aurelio Blanco Trincado, presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses e colaborador de Radio Valdeorras Onda Cero, sobre o tostado. Celebrouse o Xoves Santo nas escolas de Seadur e levou por título : « Seadur, el tostado tradición secular. La Casa de Flórez.

Trincado quixo demostrar que os tostados de Valdeorras estiveron documentados antes cos do Ribeiro. Fixo un recorrido histórico, fixándose nas medallas concedidas a adegas de Valdeorras desde 1771 e na asistencia ás grandes exposicións universais, como Barcelona, París, Londres ou Bruxelas. Tamén comentou as causas polas que, fora de Valdeorras, o tostado máis coñecido —máis ben o único coñecido, segundo Trincado— é o do Ribeiro.

Para rematar deu a coñecer os vínculos entre o Pazo do Castro e Seadur para quen se elaboraba desde este pobo o tostado da Casa dol Flórez.

Seadur volveu celebrar a Ruta das Covas con gran número de asistentes