A casa de Sonia en Larouco foi a premiada no concurso «Decoración de Nadal»

A casa de Sonia en Larouco foi a premiada no concurso «Decoración de Nadal»
A recompensa un xamón e os parabéns da vecindade

A casa de Sonia, no número 55 da Rúa Real —travesía da OU-636 ao seu paso por Larouco—, foi a gañadora do cuarto concurso de «Decoración de Nadal», organizado polo concello para implicar aos veciños no embelecemento  do pobo no Nadal. A gañadora foi agasallada cun xamón.

Sonia co seu agasallo nas mans. Foto Facebook concello de Larouco

Esta casa de estilo indiano que chama a atención incluso sen estar decorada, recibiu 9 puntos do xurado, integrado por catro persoas. A segunda clasificada foi a de Nieves e Rosa con 4 puntos e a terceira a de Sandra e Fran con 3. Tamén participaron no concurso as vivendas de Juli, Toña e Pilar e máis a de Iván.

«Parabéns a Sonia, a brillante gañadora do Concurso de Decoración de Nadal do Concello de Larouco que foi premiada con un Xamón», informa a rede social do concello. Na que ademais se lle agradece a veciñanza a colaboración «Grazas a toda a veciñanza por axudar a crear un ambiente tan encantador e máxico».

Tamén se salienta a implicación e o bo facer dos veciños en xeral, agradecendo a «vosa destacada participación no concurso de decoración de Nadal». «Estas decoracións iluminaron as nosas rúas e encheron de alegría os nosos corazóns nestas festas», conclúe.