O grupo valdeorrés Big Crunch, a punto de sacar un LP

O grupo de rock alternativo valdeorrés, Big Crunch, está en proceso de gravación dun disco de larga duración, LP, que sairá a finais de verán.

Terá entre 12 ou 14 temas e será un paso máis, xa que o pasado ano, o grupo puido gravar un EP como resultado de seren gañadores do concurso  Cultura Quente 2016.

Venderon centos de copias e fixeron unha xira de 10 datas por toda Galicia. Agora, Big Crunch pide de novo o apoio do público para gañar outro concurso, O Marisquiño, para o cal necesitan acumular votacións en liña. O que máis votacións consiga será o afortunado de tocar no Festival O Marisquiño, en Vigo. "El año pasado había mucho nivel y estaba muy complicado, pero este año nos está resultando incluso más difícil", recoñece Roma DoVal, líder do grupo, á vez que admite que "la gente está respondiendo bastante bien, llegamos a estar en cabeza de la votación, pero ya nos han vuelto a rebasar". A votación remata o 30 de maio, cando se saberá qué grupo foi o vencedor.

Malia o que pase co concurso, o novo álbum de Big Crunch xa se está a gravar en Estudios Mans, en A Coruña, mentres que a produción, mezcla e masterización estará a cargo de Tesis Records.

De momento o grupo non pode confirmar ningunha data para os seus directos, pero ofreceran varios concertos na temporada de verán. "Estes últimos fines de semana estuvimos grabando baterías, guitarras y bajos; ahora falta grabar un par de guitarras más, algunos solos y voces".

Da parte instrumental ocuparanse durante este mes de maio, en xuño da mezcla e en xullo buscarán distribución e duplicación dos CDs para que o LP poida publicarse antes de que remate o verán.