viernes. 19.04.2024

Hoxe celébrase o Día do Praceiro e a praza de abastos do Barco, súmase á iniciativa con agasallos, pinchos e unha animación da Consellería de Comercio que xunto co Concello do Barco promoven a iniciativa.

Eladio Santos conversou con Paz Vega de Somos Comarca. «Os produtos da praza son produtos de calidade e de proximidade e o que move a economía da comarca», subliñaba.

É un día de festa que pretende animar a comprar nestes postos que nalgúns casos pasaron  de xeración a xeración.  Somos Comarca interesouse polo sentir destes comerciantes. No seguinte áudio podedes escoitar o que nos contaron.

A festa do mercado chega a praza de abastos do Barco no Día do Praceiro