jueves. 28.03.2024
somoscomarcar_obarco_concello_banderaucrania_26_02_2022
A Xunta e outras entidades recomendan axudar a Ucrania a través de doazóns económicas

A Xunta de Galicia, FEGAMP, coordinadora galega de ONGD, farmacéuticos Mundi, Médicos del mundo, Unicef, Cruz Vermella, Educo, Entreculturas, ACNUR, Axuda en acción, Movimiento por la paz, el desarme y la libertad e Fondo Galego de Cooperación e solidaridade comunicaron varias recomendacións para axudar á poboación ucraína de forma eficaz.

«A solidariedade é, sen dúbida, unha das características máis relevantes da cidadanía galega. Na actual crise provocada polo conflito bélico en Ucraína, unha vez máis, as mostras de solidariedade son constantes. Nestes días estamos a recibir numerosos ofrecementos de axuda, gran parte deles consistentes en doazóns en especie de materiais», afirman.

En situacións como a actual faise máis necesario, se cabe, que a axuda humanitaria chegue ás persoas que o necesiten sen prexudicar os mercados e canles locais, sen poñer en perigo nin aos actores humanitarios nin á poboación beneficiaria e tratando de minimizar o impacto medioambiental.

As organizacións humanitarias especializadas en terreo son as encargadas da avaliación das necesidades, que varían en cada momento, para adecuar os seus chamamentos de axuda. Neste senso, os bens materiais doados en Galicia poden resultar non adecuados ás necesidades da poboación e da situación humanitaria e loxística en terreo.

Os bens doados de xeito particular están a supoñer custos administrativos e dificultades loxísticas engadidas (transporte, recepción, almacenamento, distribución, etc.) para as institucións que as xestionan. Ademais, a doazón internacional dalgúns produtos, como os medicamentos, está sometida a uns estritos protocolos que restrinxen as doazóns por parte de particulares.

Actualmente é difícil a garantía de corredores humanitarios estables que permitan a distribución e acceso seguros, pese aos esforzos de negociación das organizacións de carácter humanitario coas partes en conflito. Os problemas desta crise humanitaria manteranse ao longo do tempo e as axudas serán necesarias non só neste momento do conflito, senón ao longo da súa duración, así como na etapa de reconstrución.

En consonancia coa Oficina de Acción Humanitaria (OAH) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), recomendandan que a solidariedade sexa canalizada a través de axudas económicas dirixidas ás ONGD internacionais humanitarias presentes na zona mostrando confianza na súa xestión.

A Xunta e outras entidades recomendan axudar a Ucrania a través de doazóns económica