viernes. 29.03.2024

Doctor Queen, a Banda de Xinzo e a Orquestra Olympus destacan de entre o programa

A Rúa celebra as súas Festas de Verán esta fin de semana. Tralo encontro de picadiscos celebrado onte á noite, a programación continúa ata o vindeiro luns, día 5, animando as rúas da vila valdeorresa.



A partir das 21.00h celebrarase a Milla Urbana Nocturna, na rúa Silveira. Paralelamente comezará o "Concerto Rokeiro", no que actuarán Clon Bois e, deseguido, Doctor Queen, a banda tributo do popular grupo de Freddy Mercury. Vén co seu "Bohemian Tour", xira coa que está a colleitar éxito arredor do globo.

O sábado a orquestra Claxxon fará mover o corpo ós rueses, que serán espertados a primeira hora pola Charanga Os Caliqueños. O domingo haberá sesión vermú, amenizada pola Banda Xuvenil da Agrupación Musical de Xinzo de Limia.



Será pola tarde cando a Banda de Xinzo interprete o seu "Concerto de Música de Cine". A orquestra Capitol porá o fin á programación festeira do domingo.

O luns é a última xornada de esmorga, pero non por iso terá unha axenda máis feble. Será o día dos nenos, con parque infantil gratuíto e festa da escuma pola tarde. Así e todo, xa a primeira hora da mañá a charanga BB+ porá en tónica festeira ós rueses, para que a Orquestra Olympus peche as celebracións con baile e verbena a partir do serán.

Consulta o programa completo na axenda.

rua-sae-festa