Non fagas plans para o 25 e 26 de agosto ¡Volve o Silfest!
O Silfest volve, un ano máis, o venres 25 e sábado 26 de agosto con música, cine, gastronomía, natureza, viño, minisilfest... Este ano a organización decidiu movelo unha semana máis tarde e será o último fin de semana de agosto cando teña lugar este festival valdeorrés.
Aínda que a organización se mostrou, nun principio, reticente a embarcarse nesta terceira edición do Silfest, finalmente xa temos datas. "El año pasado no salió todo lo bien que debería por cosas ajenas a nosotros y por cosas que nosotros también hicimos mal. Este año vamos a mejorar todo lo que salió mal", confesaba Jorge Álvarez, dende a organización.
O formato será o mesmo que o das dúas edicións pasadas, con actividades o venres e o sábado, aínda que cambiarán algunhas cousas. "Le daremos una vuelta de tuerca", sinala Álvarez. Incluiranse máis actividades centradas nos nenos, outorgando máis protagonismo ao Minisilfest, que o ano pasado foi todo un éxito.
Ademais, o Silfest sacaralle máis partida a natureza e ao entorno no que se celebra este festival, con máis actividades de río e máis deporte de aventura. Xa está confirmado que volverá a haber kaiaks no río –dispoñerase algún máis que a pasada edición-, para todo aquel que o desexe; tamén se organizarán actividades de orientación, xincanas na natureza e actividades de aventura.
A gastronomía local e o viño da zona serán tamén parte indispensable desta cita, aínda que non hai, de momento, actividades confirmadas.
En canto á música, aínda non podemos falar de artistas invitados, pero dende a organización informan que xa hai algún artista contratado. Haberá tamén algunha sorpresa musical para o sábado que está aínda sen confirmar. "Hay algo que nos estamos guardando, queremos ser ambiciosos, pero de momento no podemos contar más", contan dende a organización. Iso si, Jorge Álvarez asegurou que esta sorpresa animará a moita xente a acercarse ao Silfest, "no sólo de Valdeorras, sino también de los alrededores: Ourense, Lugo, León, etc."
Actividades de todo tivo as que encontraremos no Silfest polo que non hai excusa para acudir ao festival valdeorres por excelencia.