O proceso dunha Mázcara para brillar no Entroido
En época de Entroido, os boteiros e os bombos adoita levar todo o protagonismo. A imposición desas grandes pantallas e a sangue nas peles, acostuman a levarse todos os flashs e as miradas por alí onde pasan. A realidade? Hai moito máis, como son as mázcaras de Buxán e de Manzaneda.
Nesta ocasión centrarémonos nas de Buxán, pero farémolo dunha maneira diferente. Durante o desfile é moi bonito velos bailar, saltar e, en ocasións, tirar recortes de papeis de cores. Detrás de todo isto, hai un proceso de vestimenta de case 1 hora. Así que, coñezamos como é "O proceso dunha Mázcara para brillar no Entroido".
Adrián Garrido leva xa 10 anos sendo mázcara, todo comezou por un amigo e, ao final, remato facéndose o seu propio traxe. Na súa familia non é o único que baila entre os seus compañeiros de fulión, a súa irmá tamén o acompaña moitas veces. Esta indumentaria vai capa a capa, mantón a mantón.
O primeiro que hai que facer —e o único solo—, é polas "leguis" —antes eran botas militares—. Despois de estar calzado, comeza a maxia das mans de Emma e de Pilar. A primeira delas dúas leva xa 10 anos vestindo mázcaras, de feito, unha tía de Adrián foi a encargada de ensinarlle. O primeiro é colocar o mantón negro para que agarrar con forza o pantalón.
Despois disto, dous mantóns crúzanlle o peito a Adrián. As esquilas non podían faltar, aínda que van escondidas debaixo destes dous accesorios. Tras ter todo isto ben colocado, póñense catro panos —todos nos ombros, uns por diante e outros por detrás—, catro lazos —a altura do peito—, dous lazos nos brazos e un moito máis grande nas costas.
Cada unha das mázcaras é diferente, aínda que todas iguais. No que se van diferenciando é nos cores que elixen por no vestiario. Algúns teñen tons máis sobrios e, en cambio, outros elixen brillar.
Cando a base xa está rematada é hora de encher a Adrián con diferentes accesorios. O primeiro deles é outro lazo na cintura, aínda que sexa un adorno, tamén sirve para suxeitar ben todas as capas. Despois de deixar ben cuberto todo o corpo, hai que protexer a cabeza con outro pano para evitar que se mova o pucho.
Que máis se leva? Para engadir un pouco máis de brillo, ponse unha garavata e dous colares. Acompañando a todo isto, un bolso —antigamente servía para recadar comida—, no que se levan os papeis de cores ou algo de bebida. A maiores, está a espada coa que apartan as persoas que se poñen demasiado cerca dos bombos ou aixadas.
Que é o pucho?
O pucho é aquelo que se coloca na cabeza dos mázcaras de Buxán. O cono está rodeado de fotografías que signifiquen algo para as persoas que o porten. Aínda que, antigamente o que se levaba eran postais que lles regalaban as persoas portadoras. Despois, ten un gran velo de papeis de cores que se recortan un a un cun ancho definido. Tamén, en algunhas ocasións, fánselle debuxos para poder darlle un toque diferente.
Para colocalo necesitase axuda, como en todo o outro proceso, a mázcara vai atada a cabeza con forza para que se mova o menos posible, xa que con tanto salto e movemento, acábase movendo e pode chegar a molestar.
Vídeo
Se queres saber máis, sempre podes ver este vídeo no que se explica parte por parte como se fai todo o proceso.