sábado. 20.04.2024

Dende o centro educativo realizarán un roteiro onde mesturarán historia, cultura e deporte co motivo do Día das Letras Galegas

O IES Lauro Olmo do Barco prepara unha nova edición do seu roteiro "Atención, xente lendo!" tras ter que facelo no 2020 dende as casas debido a situación sanitaria provocada pola primeira onda da Covid-19 e que levou aos estudantes ao confinamento domiciliario.

Neste 2021 decidiron reforumular un chisco esta actividade. Debido as restriccións e protocolos vixentes para evitar contaxios do Coronavirus. O departamento da biblioteca do centro barquense elaborou roteiros específicos para cada curso.

Aasí os alumnos de 1º e 2º da ESO visitarán A Pobra o Mosteiro de Xagoaza e Vilarica. Cada curso nunha orde inversa ca fin de non mesturarse. Os seus compañeiros de 3º irán polo Serro ata o monte Xirimil voltando por o Parque arqueolóxico da Cruz. Os máis maiores da educación secundaria iran ata Éntoma regresando polo Camiño de Inverno.

Repoicelo e Forcadela e o percorrido ideado para os estudantes de 1º de Bacharelato. Durante a actividade irán coñecendo a través de diferentes lecturas a historia da zona que vaian visitantando. Tamén a da poeta homenaxeada este ano, a mestra de Sarria Xela Arias. O Camiño de Inverno tamén formará parte das ensinanzas.

Tal e como subliñaron dende o centro o deporte físico tras un ano sen actividades extraescolares estará dentro dos obxectivos deste roteiro.

O IES Lauro Olmo prepara un roteiro didáctico e deportivo