Xornadas Educativo-Empresariais para achegar ao alumnado ao mundo profesional
Ao longo desta semana teñen lugar as XV Xornadas Educativo-Empresariais do IES Lauro Olmo, que teñen o obxectivo de achegar ó alumnado ao mundo empresarial a través de diferentes charlas impartidas por distintos profesionais.
Esta iniciativa naceu fai quince anos para dar a coñecer o funcionamento do centro e facer fincapé na importancia da Formación Profesional. Dende ese momento e ata hoxe, estas xornadas organízanse anualmente por estas datas, convidando a profesionais de todos os ámbitos que engloba a Formación Profesional do Instituto Lauro Olmo. Algunhas destas charlas son de temática común para todos os estudantes, xa que nelas se dan diferentes recomendacións á hora de entrar ao mundo laboral, como por exemplo, cómo enfrontarse a unha entrevista de traballo.
Pero ademais de preparar ao alumnado para a saída ao mundo laboral, tamén serven para poñer aos distintos profesionais en contacto co alumnado, o que favorecerá á elección de posibles candidatos de cara ás prácticas en empresas.
Amparo Quiroga Gayoso, directora do centro, afirma que os alumnos "son muy receptivos a este tipo de actividades que, en definitiva, les ayuda a estar en contacto con el mundo profesional y a conocer de primera mano cómo funciona".
Estas xornadas supoñen un plus para a ensinanza, xa que nelas se imparten distintos conceptos aos que non lles é posible chegar a través das clases. Amparo Quiroga explicou, ademais, que dende a dirección buscan sempre temáticas que sexan novidosas ou de especial interese para o alumnado, intentando ao mesmo tempo que non se repitan temas de edicións pasadas "para no tratar la misma temática dos veces con el mismo alumnado".
Aínda que, en xeral, as charlas son moi ben acollidas polos estudantes, as máis populares soen ser as charlas de temática xeral, xa que son as que máis participación teñen por parte dos alumnos. O itinerario destas charlas integrase completamente no horario académico.