sábado. 20.04.2024
Encarna e Rober realizando mascarillas
Encarna e Rober realizando mascarillas

Unha páxina web que servirá de escaparate e punto de venta para os proxectos que se puideron facer realidade grazas ó parón

Non hai mal que por ben non ven non veña. O peche ó público das tendas permitiu a Encarna e Roberto realizar os proxectos e creacións que quedaran aparcadas debido á carga de traballo.

Encarna xunto coa súa parella Roberto rexentan dúas mercerías unha no Barco, Taller de Bordados e outra na Rúa, Mercería Raquel. Igual co resto de tendas levan pechados desde o 16 de marzo e, case dous meses de inactividade dan para moito, incluso para reinventarse e facer todo aquelo que por falta de tempo non era posible. Polo de agora o salón da súa casa converteuse nun taller de costura e bordado para facer realidade os proxectos aparcados.



O negocio da Rúa, leva aberto desde 1995 e o do Barco desde hai dez anos. Ambos establecementos ofrecen artigos de mercería en xeral, lencería, pixamas, camisóns toallas calcetíns e moitos fíos, puntillas, las para cada época do ano ou botóns. Ademais da venta de mostrador teñen un servizo de arranxos e bordados á máquina.

Na mercerías tamén traballan María e Anabel, elas son as encargadas de atender ós clientes mentres que Encarna e Rober desenrolan a labor creativa e están o fronte dos talleres. «O noso forte ultimamente é o dos arranxos. Temos boa gama de lanas e acabamos de incluír tecidos para confección, antes non tiñamos isto. O que estábamos traballando eran telas para labores, lino para manteles, rizo para toallas. Para facer vestidos, unha blusa, un pantalón; acabámolo de introducir agora, case que non nos deu tempo a estrealo», sinala Encarna.

Encarna ás portas de Mercería Raquel na «Noite dos Descontos» en 2019

Ofrecen cursos presenciais de calceta, punto canario e desde hai pouco talleres puntuais para facer confección. «O último que fixemos foi para facer unha prenda, neste caso unha sudadera», apunta Encarna. Asesoran e axudan en calquera labor, ensinan puntos de calceta ou ganchelo, como coser unha peza, «son detalles que fortalecen e axudan a vender», argumenta.

«O sector de bebé funciona tamén moi ben sobre todo a sección de regalo», subliña. Y é que, ademais de roupa desde primeira posta até os 18 meses, no que realmente son especialistas é en agasallos personalizados.  O «ajuar de recién» con todo o que se precisa: bodis, capa, toalla, traxes de primeira posta, bolso, neceser, bolsiñas para o biberón ou o chupete, todo elo co nome do neno ou da nena e con bordados personalizados, son regalos moi especiais. Poden mercarse por separado ou nunha cesta que elaboran á medida para cada cliente, na que as veces, inclúese ata un boneco ou un peluche.

Realización de

mascarillas

Nos primeiros días da pandemia cando se pecharon os locais, Encarna e a súa parella Rober dedicáronse a facer mascarillas. «As primeiras que fixemos levámolas o supermercado Covirán da Rúa e Joaquín repartías á xente do seu negocio ou, cando ía co reparto polas casas e vía que alguén as necesitaba, tamén llas daba», conta Encarna. Logo ante a dúbida de se estas mascarillas de tea eran ou non efectivas pensaron se seguir a facelas ou non. Foi entón cando a Natalia Alonso —da mercería Entredós da Rúa— doáronlle o tecido TNT e formaron un grupo moi numeroso de xente implicada.

O persoal de Mercería Raquel e de Taller de Bordados uniuse o de Entredós e unha chea de voluntarios que desde as súas casas axudaron na iniciativa. Outros locais comerciais que participaron na iniciativa foros Mercería Geles, Ferretería Arnaveca, Nogueira Decoración. «Fixemos un grupo majo de xente cosendo e acabamos facendo moitas mascarillas», recalca. Este segundo grupo de mascarillas repartiunas o concello a través de Protección Civil.

Non hai mal que

por ben non veña

O peche ó público

das tendas permitiu a Encarna e Roberto levar a cabo dous proxectos que tiñan

en mente e que non podían por en marcha pola carga de traballo que se acumulaba

no taller.

Por unha banda a inminente saída da súa páxina web: «Fixemos unha páxina web para a venta que nos permita saír do entorno da comarca e a vez que sexa un escaparate do que nos facemos para a xente de aquí que pola razón que sexa non poda ou non queira pasar pola tenda. É unha maneira de visivilizar os noso produtos» .

Por outra a realización de novas creacións para mostrar na páxina e ofrecer os seus clientes. Non era doado facelo mentres tiñan o negocio aberto ó público pola carga de traballo e a falta de tempo. «Bolsas porta todo, de pan, delantales, cojines, toallas de bautizo, estamos facendo todo o que se nos ocorre para personalizar e para poder poñelo na web», explica. Boas ideas que fan de produtos singulares, obxectos únicos.

As mercerías que rexenta Encarna están integradas nunha plataforma online creada por unha das empresas que subministra artigos de mercería, na que se atopan 300 establecementos do sector e que fai entrega a domicilio dos artigos que se compren durante a corentena e logo cando pase este período poderanse recoller na propia tenda. «Isto favoreceunos nesta etapa xa que o cliente que necesitaba un produto pedíao a través da plataforma e tiña o na súa casa», subliña.

Apertura das tendas

En principio si todo vai ben o próximo 11 de maio os establecementos comerciais poderán voltar a abrir as portas ó público, é por elo que desde Mercería Raquel e Taller de Bordados estanse a informar. «Estamos pensando en buscar as maiores garantías para que o cliente este tranquilo cando veña a tenda. Estamos informándonos do que nos van a pedir e as posibilidades que temos como pequeno comercio para garantir a seguridade deles e do equipo de traballo e por outro lado o cliente se sinta cómodo e poda ver o que temos». Agarda cas persoas que veñan a tenda sexan comprensibles ante as novas medidas e unha vez máis colaboren activamente como o estiveron a facer até o de agora.

Encarna e Roberto no interior de Mercería Raquel cuns clientes na Noite dos Descontos 2019

Novo escaparate para as creacións de Mercería Raquel e Taller de Bordados