viernes. 29.03.2024

Os viños D' Berna, de Guitián y Blanco, e Ruchel Secretos, de Bodegas Ruchel, conseguían os Acios de ouro da DO Valdeorras, en brancos e tintos, respectivamente. Ambas adegas, sitas no concello de Vilamartín, resultaban gañadoras no marco da XXX Cata dos Viños de Galicia, celebrada na tarde do 12 de xullo no Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, en Nogueira de Ramuín.

Para Bodegas Ruchel, este novo recoñecemento chega logo de acadar, no 2010, co seu viño Ruchel Godello 2009, o premio ao mellor viño branco de Galicia. No caso das adegas Guitián y Blanco non é a primeira vez no cumio do pódium dos mellores viños da DO Valdeorras, o ano pasado acadaba o Acio de ouro pero na categoría de tintos, co seu viño D' Berna Mencía.

Na XXX Cata dos Viños de Galicia o galardón ao mellor viño tinto de Galicia era para o Crego e Monaguillo da Denominación de Orixe Monterrei, sendo o mellor branco para un albariño, o Veiga da Princesa de Sober.

Dúas adegas de Vilamartín fanse cos Acios de ouro da D.O. Valdeorras