A Asociación Empresarial de Valdeorras recibe a visita de Manuel Pardo
27 de septiembre de 2024 (12:01 h.)
Os intereses dos empresarios asociados foron o principal protagonista deste encontro
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá coa presidenta, Araceli Fernández, e a xerente, Teresa García, da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA).
Durante este encontro, o delegado fixo especial fincapé no compromiso da Xunta a prol da defensa dos intereses dos empresarios asociados que traballan polo desenvolvemento socio-económico da comarca de Valdeorras.