As xeadas poñen sobre aviso aos viticultores ao provocar serios danos nos viñedos

Os cambios de temperatura dos últimos días trouxeron consigo xeadas que están afectando aos viñedos, destrozando os primeiros brotes. Dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras advirten que hai que ser cautos, posto que para contar con datos exactos da superficie e dos viticultores afectados debemos esperar un tempo prudencial de 5 a 7 días para chegar a unha valoración exacta. Con todo, recoñecen que a xeada afectou, sobre todo, ás zonas máis próximas ao río.

[df-caption title="Viñedo no chairo de Vilamartín estragado pola xeada" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/04/somoscomarca_vilamartin_viñedo_helada_seco__2017_04_28-7.jpg"]

A uva encóntrase aínda en fase de brotación, polo que nalgúns puntos onde aínda non brotou non lle afectaron as baixas temperaturas nocturnas.

O presidente do Consello Regulador, Francisco García, comentou que a situación “agora está en mans de control e hai que esperar a que valoren a situación. Despois explicaranse ás conclusións”.

No seo desta situación, o grupo provincial do Partido Popular proporá mañá, no pleno ordinario do mes de abril, que se pida á Xunta de Galicia a tramitación como zona catastrófica das distintas áreas afectadas, así como unha liña de axudas para paliar na medida do posible os danos ocasionados e trasladar dito acordo á Consellería do Medio Rural, aos distintos consellos reguladores das denominacións de orixe e a todos os concellos afectados.

Por outra banda, o Consello Regulador fixou, no pleno que celebrou onte, a data da XX Edición da Feira do Viño de Valdeorras, que terá lugar en O Barco durante a fin de semana do 15 e 16 de xullo.

Este ano a D.O. espera elevar a participación de bodegas con respecto a pasadas edicións. Agora, o Consello Regulador traballa xa na contratación dunha empresa que se encargue da organización do evento.

Ademais, o pleno do Consello Regulador aprobou e ordenou a exposición pública dos censos electorais de cara á convocatoria de comicios para renovar os órganos de goberno da entidade correspondentes aos sectores produtor, industrial e cooperativo, que terán lugar o vindeiro 9 de xullo.

Así, seguindo a orde publicada no Diario Oficial de Galicia pola Consellería do Medio Rural establécese un primeiro censo constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de Viñas do Consello Regulador, coa excepción daqueles que sexan socios de cooperativas titulares, directa ou indirectamente, de bodegas da D.O., a través das cales se transforme uva ou se comercialice viño.

[df-caption title="Pámpanos secos nunha viña en Fontei, A Rúa" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/04/somoscomarca_vilamartin_viñedo_helada_seco__2017_04_28-8.jpg"]

Habilitase un segundo censo para o sector industrial, constituído por titulares de bodegas inscritas na D.O., coa excepción das cooperativas. Este censo subdivídese en bodegas que cualificaron -no período de referencia dos anos 2014, 2015 e 2016- máis de dúas terceiras partes da súa produción total con variedades preferentes e bodegas que non cumpren este requisito.

[df-caption title="" url="http://somoscomarca.es/wp-content/uploads/2017/04/publi_plantoval_300.gif"]