viernes. 19.04.2024

A video conferencia terá lugar o venres día 4 de decembro, as 9:30 horas

A Asociación Empresarial de Valdeorras — AEVA —, en colaboración coa Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, ten programada unha vídeo conferencia para informar das Axudas dos Programas "Rescate autónomos" e "Mantemento do emprego e apoio ao sector hostaleiro" que habilitou a Consellería de Emprego e Igualdade.



As axudas, publicadas no Diario Oficial de Galicia os días 18 e 27 de novembro, van dirixidas a autónomos que teñan recoñecido o cese de actividade, ou cuxa actividade estivera especialmente paralizada como consecuencia da pandemia, e microempresas e autónomos que teñan ou houberan tido traballadores en ERTE e acrediten unha baixada da facturación de polo menos un 45% no ano 2020.

A video conferencia de Aeva terá lugar o venres día 4 de decembro, as 9:30 horas, e a relatora será Covadonga Toca Carús, Directora Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, que fará una exposición polo miudo das citadas axudas e, posteriormente, abrirá un turno de preguntas para resolver as dúbidas que plantexen os asistentes.

Aeva informa das Axudas da Dirección Xeral de Emprego