As tatuaxes significaron «dende a exclusión social ao atractivo»

Pedro Aaron Álvarez, xerente de A Capitana Tatuaxe, ábrenos as portas do seu estudo mentres tatúa

O mundo da tatuaxe acabouse convertendo en algo do noso día a día, «a forza de costume é un grado», así o define Pedro Aaron Álvarez de A Capitana Tatuaxe. 

Comezou dende moi neno con estes gustos. De feito, cando era rapaz estudaba no colexio de Rubiá, aí tiña «unha zona do patio onde lle facía copias dos tribais» os compañeiros. «Sempre me gustou a estética que había detrás de todo isto», asegura Pedro. 

Normalmente, as tatuaxes solen ter un significado. Para Pedro esta resposta é moita máis complexa. «Non é solo estética, hai unha filosofía detrás, ao mesmo tempo, tatuar é unha das formas que teño de gañarme a vida». A maiores, para el leva significado «desde a exclusión social ao atractivo despois de que se mediatizara».

Ao seu estudo de tatuaxes acoden moitas persoas da comarca, pero ao contar con «moitos tatuadores de fóra, captan outro público». De feito, acude xente de Ponferrada, Monforte, Quiroga, «un rapaz de Francia e outro de Bilbao».

No caso de estar pensando en facerte a primeira tatuaxe, Pedro ten claro cal sería o seu consello. «É primordial que tipo de estudio se elixe», de feito explica que o realismo «pode chamar moito a atención, pero ao final basease na copia». Por este motivo cree que é mellor «estudios que saiban tatuar de maneira tradicional». 

Preguntas como: Cales son as tatuaxes que máis che piden os clientes? Ou, que tatuaxe nunca farías? Será respondidas no vídeo.