A asociación Ruta do Viño pon en marcha un concurso de fotografía sobre a vendima
Estará dedicado a
Horacio Presas e os orixinais poderán presentarse até o dezaseis de outubro
A asociación do Viño de Valdeorras, convoca o I Concurso de Fotografía da Asociación Ruta do Viño de Valdeorras Horacio Fernández Presa. Os orixinais poderán presentarse até o vindeiro 16 de outubro.
O concurso dedicarase cada ano a unha persoa relacionada co mundo do viño. Esta primeira edición leva o nome de Horacio Fernández Presa. Desde a asociación queren destacar a importancia do seu traballo na recuperación da variedade autóctona godello na comarca de Valdeorras. «En sucesivas edicións levará por título o nome daquelas persoas que como no caso de Horacio Fernández realizasen un importante labor no mundo do enoturismo», destacan desde a asociación.
O concurso ten
como temática a vendima e as diferentes etapas do viñedo. Na fotografía que se
presente ó concurso deberán aparecer imaxes referidas a dita temática
realizadas e terán que ser realizadas na comarca de Valdeorras. Poderá
participar nel calquera persoa maior de idade que achegue dúas fotografías relacionadas
coa temática esixida.
A Ruta do Viño
establece tres premios que reciben o nome das variedades de uva que hai na
Comarca. Con cada un darase o gañador un diploma acreditativo e unha contía
económica.
O primeiro premio leva o nome de «Godello» e a
contía económica é de 500 euros. O segundo chamarase «Mencía» e o gañador
recibirá 300 euros. O terceiro, de 200 euros ten o nome de «Garnacha tintorera».
O fallo do xurado
darase a coñecer antes do 31 de outubro de 2019 a través da páxina web da Ruta
do Viño de Valdeorras así como das redes sociais da mesma. Tamén se comunicará aos
gañadores mediante correo electrónico e chamada telefónica.
A entrega de
premios efectuarase nun acto público no Teatro Loureiro Olmo o día 10 de
novembro de 2019 no que estarán expostas todas as obras presentadas no
concurso. A exposición prolongarase durante 15 días, tras os cales se expoñerá
en todos os concellos asociados á Ruta.
As bases deste
concurso están publicadas na web, www.rutadelvinovaldeorras.comasí como nas
súas redes sociais.